Desde hoxe, luns 11 de setembro, está aberto o prazo de inscrición para o taller de estimulación cognitiva e da memoria que arrincará no mes de outubro nas súas sedes de Guitiriz e Parga.

O grupo de Guitiriz, que comezará o 20 de outubro. verase os venres ás 11:30 horas na Casa Habanera. O grupo de Parga, con inicio 19 de outubro, verase os xoves ás 11 horas na Escola das Nenas do Campo da Feira.

As persoas participantes realizarán actividades de atención, ximnasia cerebral, concentración, memoria e lóxica.

O prazo para anotarse remata o 13 de outubro ou ata completar aforo e pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro da casa do concello ou a través da sede electrónica.

FICHA INSCRICIÓN MEMORIA