O Concello de Guitiriz abriu hoxe, luns 12 de setembro, o prazo de matrícula para este curso 2022-2023 na súa Escola de Música Municipal, que estará aberto ata o próximo 23 de setembro.
Para este curso a Escola de Música oferta: Iniciación, Instrumento e Linguaxe musical (a partir dos 8 anos), Banda, Agrupación Moderna e Agrupación Tradicional. A modalidade de Iniciación é gratuíta ata os sete anos.
A matrícula pode formalizarse de xeito presencial no Rexistro do Concello ou a través da sede electrónica municipal. O importe para os empadroados en Guitiriz é de 30 euros e para os non empadroados de 40 euros.
Para máis información ou ante calquera dúbida co pago ou o formulario pódese acudir ao Concello solicitando cita previa no 982 370 109 ou chamar á Escola de Música no 698 107 179.
0 Comments
Leave A Comment