O Concello de Guitiriz abre o prazo para inscribirse na xornada ‘Iniciación o piragüismo’, que se celebrará o xoves 5 de setembro no CIT de Parga en colaboración co Club de Piragüismo Cidade de Lugo.

O prazo de inscricións estará aberto ata o próximo venres 30 de agosto e para que se celebre a actividade ten que haber un mínimo de oito persoas apuntadas. As prazas son limitadas e as inscricións pódense formalizar de xeito presencial no propio Concello.

É imprescindible saber nadar, polo que será obrigatorio firmar unha declaración responsable que así o asegure. A actividade está pensada para persoas adultas e crianzas de máis de 7 anos de idade.

Os horarios serán confirmados unha vez se peche o período de inscricións, xa que variarán en función do número de persoas que se anoten na actividade.

DECLARACIÓN REPONSABLE SABER NADAR