O venres 20 de decembro inaugurarase na Biblioteca Pública Municipal a exposición ‘Luces de Alén Mar. As escolas de americanos en Galicia’, unha mostra do Consello da Cultura Galega que vén a subliñar, dunha parte, a dimensión da efeméride do centenario fundacional das Sociedades Galegas de Instrución radicadas en América e, doutra, as súas realizacións académicas nas localidades de procedencia dos emigrantes. Poderá visitarse ata o 21 de febreiro de luns a venres en horario de 9 a 14 horas.

O sábado 21 de decembro a Biblioteca Pública Municipal participa no proxecto El Día Más Corto (ED+C), unha celebración internacional da curtametraxes para todos os públicos, co obxectivo de achegar o cinema aos nenos e nenas. Desde as 17 horas proxectaranse 6 curtametraxes: Ciao Peskao, El origen de las estrellas, La pesadilla de un moco, To bird or not to bird, Fallin, Kapitan.

O luns 23 de decembro terá lugar na aula CeMIT a actividade ‘Experimenta a realidade, descubre o mundo virtual’. De 10 a 14 horas poranse a disposición da veciñanza unhas gafas de realidade virtual. O obxectivo é achegar a esta innovadora ferramenta á comunidade, mostrando como pode transformar a forma en que vivimos, xogamos e aprendemos.

O xoves 26 e o venres 27 de decembro viviranse dúas xornadas festivas nave do Senpa, onde se instalarán inchables e se levarán a cabo diferentes obradoiros guiados por monitores e con temática de Nadal.

O luns 30 de decembro celebraranse dous campionatos, un de videoxogos de 10 a 13:30 horas na Casa Habanera e outro de tenis de mesa de 16 a 19 horas na nave do Senpa. Para o de videoxogos haberá que inscribirse previamente, por parellas, no teléfono 982 370 062 ou no correo biblioteca@concellodeguitiriz.com, sendo 8 anos a idade mínima para participar. Para anotarse no I Torneo de Tenis de Mesa hai que enviar un correo a guitiriztm@gmail.com antes do 26 de decembro. Ese mesmo día tamén se levará a cabo o troco de libros, en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:30 a 19:30 horas.

A programación de Nadal rematará o domingo 5 de xaneiro coa tradicional cabalgata dos Reis Magos, na que as Súas Maxestades de Oriente percorrerán as rúas do municipio.

Ademais, de xeito paralelo, o 2, 3 e 4 de xaneiro poderase participar na Aula CeMIT dun campamento dixital dirixido a nenos e nenas de 9 a 11 anos. Terá lugar de 10 a 14 horas e realizase en colaboración coa Fundación Cibervoluntarios.