O Concello de Guitiriz ven de adxudicar por 136.609 euros, financiados a través do Plan Único da Deputación de Lugo, a Galitec Desarrollos Tecnológicos SL o proxecto para a instalación dunha pista de pádel na nave do Senpa.
A pista estará delimitada por un peche acristalado e tan só se poderá contar con unha xa que o longo da nave non permite construír dúas, así que nese espazo sobrante faranse os vestiarios e tamén se habilitará unha zona de ludoteca dirixida aos máis pequenos. O forxado dos vestiarios levará unha segunda altura, que permitirá acoller outros equipamentos deportivos como un ximnasio ou unha grada portátil.
Marisol Morandeira destaca que “Guitiriz é un pobo cunha gran paixón polo deporte e a creación dunha pista de pádel era unha demanda da veciñanza que, ademais, nos permite aproveitar as amplas instalacións do Senpa para usos sociais e deportivos”.
O prazo de execución é de 4 meses desde o inicio dos traballos.
0 Comments
Leave A Comment