O Concello de Guitiriz aposta pola cultura presentando o seu ciclo de actividades culturais baixo o nome ‘Outono Cultural 2020’.
O ciclo tiña previsto dar comezo o vindeiro domingo, 18 de outubro, coa actuación ‘Cantar Delas’ pero debido ás últimas restricións anunciadas pola Consellería de Sanidade da Xunta quedou adiado ata novo aviso.
A axenda acolle un total de cinco actividades que tiñan previsto realizarse durante os meses de outubro e novembro pero, tras as novas limitacións, todas elas quedan pendentes de confirmar as súas novas datas.
As actividades poderán consultarse no cartel do programa e todas elas, a excepción do pasarúas do Grupo Caivanca, realizaranse na Casa Habanera, unha vez se levanten as restricións.
As actuacións levaranse a cabo seguindo as condicións sanitarias que delimita o protocolo COVID19. Deste xeito, será preciso formalizar a inscrición, firmar a declaración responsable, así como usar xel hidroalcólico á entrada e saída do recinto. Deberá respetarse, en todo caso, os asentos asignados para gardar a distancia de seguridade pertinente.
0 Comments
Leave A Comment