Aprobación definitiva da Ordenanza Fiscal Reguladora da taxa do uso común especial do dominio público local polas actividades extractivas de madeira nos montes e espazos forestais do Concello De Guitiriz. Aprobado cos votos a favor do PSOE e en contra do BNG e PP.
Aprobación inicial do regulamento da Escola Infantil Municipal do Concello De Guitiriz. Aprobado cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG.
Modificación do Regulamento do Centro de Día “Casa do Capataz”. Aprobado cos votos a favor do PSOE e a abstención de BNG e PP.
Aprobación expediente contratación determinados servizos de axuda no fogar. Aprobado cos votos a favor do PSOE e en contra do BNG e PP.
Modificación inventario municipal de camiños no lugar de Forcas- O Vilar. Aprobado cos votos a favor do PSOE, BNG e PP.
Bonificación do ICIO da obra de ampliación de explotación de vacún a Patricia Pérez en representación de Salu, S.C. Aprobado cos votos a favor do PSOE, BNG e PP.
Bonificación do ICIO para obra de plataforma de formigón para silo de Rubén Paz Paz en representación de Castro Paz SC. Aprobado cos votos a favor do PSOE, BNG e PP.
Moción do BNG relativa á reivindicación do día 25 de novembro e á necesidade de impulsar compromisos económicos e orzamentarios para garantir a atención á violencia machista. Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e a abstención do PP.
Moción do BNG relativa á situación do idioma propio de Galiza e á adopción de medidas para a súa normalización. Aprobado cos votos a favor do PSOE, BNG e PP.
Moción do PSOE solicitando á Xunta de Galicia que poña fin ó deterioro dos servizos públicos que vén sufrindo o noso concello dende hai xa un tempo. Aprobado cos votos a favor do PSOE, BNG e PP.
0 Comments
Leave A Comment