Declaración institucional conxunta por parte de toda a corporación municipal con motivo do día internacional da eliminación da violencia contra a muller (retiradas as mocións do PSOE e PP sobre o asunto para realizar a citada declaración institucional conxunta).
Ordenanza Reguladora de Axudas de Emerxencia Social do Concello de Guitiriz. Aprobada por unanimidade.
Modificación do Regulamento do Centro de Día “Casa do Capataz” do Concello de Guitiriz. Aprobada por unanimidade.
Autorización subcontración parcial (prestación P6) polo adxudicatario “Alisea Esco SA” de parte da prestación/execución do Contrato dos Servizos Enerxéticos do Alumeado Exterior e dos Edificios Municipais do Concello de Guitiriz. Aprobada cos votos a favor do PSOE e en contra de BNG e PP.
Mocion PP para a defensa da autonomía municipal e a suspensión da taxa obrigatoria do lixo imposta pola Lei 7/2022. Rexeitada cos votos en contra do PSOE e BNG e a favor do PP.
Moción PSOE solicitando a Xunta de Galicia a realización da obra da senda peonil e arranxo da estrada LU-242 dende o Mesón da Cabra a Parga. Aprobada cos votos a favor do PSOE e BNG e a abstención do PP.

0 Comments
Leave A Comment