Modificación Regulamento Orgánico Municipal. Aprobado cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG.

Modificación da ordenanza fiscal reguladora da taxa de entrada de vehículos (vados). Aprobado cos votos a favor do PSOE, a abstención do BNG e en contra do PP.

Aprobación do acordo regulador do prezo público polo servizo de catering da escola infantil. Aprobado cos votos a favor do PSOE e PP e a abstención do BNG.

Moción do PSOE en relación á suba do canon que os Concellos abonan a SOGAMA pola xestión dos seus residuos. Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.

Moción do BNG para o rexeitamento da subida do canon de SOGAMA e por un novo modelo de xestión de residuos. Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.

Moción do BNG para reclamar a Xunta de Galicia e ao Goberno Central medidas urxentes ante a incidencia da enfermidade hemorráxica epizoótica. Aprobado cos votos a favor do PSOE e BNG e en contra do PP.

Urxencia proposta de pleno do PSOE sobre o expediente do contrato mixto Servizos enerxéticos do alumeado exterior e os edificios municipais do Concello de Guitiriz. Aprobado cos votos a favor do PSOE e PP e en contra do BNG.

Expediente do contrato mixto Servizos enerxéticos do alumeado exterior e os edificios municipais do Concello de Guitiriz. Aprobado cos votos a favor do PSOE, a abstención do PP e en contra do BNG.