Hoxe tivo lugar na Biblioteca Municipal ‘Casa Habanera’ a presentación da exposición ‘Semente do pasado, colleita do futuro’, a iniciativa organizada polo Concello de Guitiriz a través da consellería da área de Integración, Promoción e Servizos Sociais. A campaña tivo unha gran acollida con 35 familias participantes e estará exposta durante un mes.
A idea naceu no mes de xaneiro con motivo de facer un recoñecemento aos bisavós e bisavoas coa recopilación de fotografías orixinais xunto aos seus bisnetos. Á presentación acudiron a alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira e a concelleira Sofía Sánchez, ademais dos bisavós Otilia e Jesús, xunto aos seus bisnetos, Odulia López e a súa bisneta e Lara Paz coa súa filla en representación da bisavoa da familia.
Os bisnetos participantes recibirán un agasallo pola súa participación e todas as fotografías serán destinadas aos bisavós cando remate a exposición.
A alcaldesa, Marisol Morandeira, destacou o éxito desta iniciativa ‘que comezou como unha idea de Sofía e converteuse nunha celebración entrañable dos nosos maiores’.
0 Comments
Leave A Comment