O Concello pon a disposición das nais e pais dos usuarios participantes no programa Concilica o documento para autorizar ao persoal municipal de Concilia e das Escolas Deportivas Municipais a realizar o traslado dos usuarios á saída do horario do CEIP Lagostelle ao pavillón, de xeito que o persoal poida facelo sen precisar que os pais e nais acudan ao centro. O documento tense que entregar no Rexistro do Concello con todos os datos cubertos e o prazo para facelo rematará o luns 30 de setembro ás 14:30 horas.
0 Comments
Leave A Comment