DONA MARISOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que a Subdelegación do Goberno en Lugo, autorizou á Asociación Galega do Rifle e Tiro Olímpico (AGARTO), R.E. no concello do 07/03/2023 RC 795/2023, para uso das instalacións do Campamento Militar de Parga-Guitiriz (Lugo), por persoal civil, para a celebración do seguinte campionato:

– Campionato Galego F-Class 100 metros, F-Class 50-100 metros, para os días 6 e 7 de abril de 2023.