DONA Ma SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que os colectores de lixo soterrados sitos detrás da Capela do Ecce Homo están en proceso de arranxo polo que se PROHIBE o seu uso ata que estean dispoñibles. As persoas que depositen lixo neles poderán ser sancionados segundo a lexislación vixente.