DONA MARÍA SOL MORANDEIRA MORANDEIRA ALCALDESA-PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO) FAI SABER:

Que con motivo da festividade do Entroido, dende a noite do día 09 ao 10 de febreiro de 2024 ata a noite do día 12 ao 13 de febreiro de 2024 (incluída) autorízase a ampliación do horario de peche dos establecementos de hostalería nunha hora máis do legalmente establecido.