DONA Mª SOL MORANDEIRA MORANDEIRA, ALCALDESA PRESIDENTA DO CONCELLO DE GUITIRIZ (LUGO)

FAI SABER:

Que dende o Campo de Manobras e Tiro de Parga ( Guitiriz) infórmannos que os días 25 e 26 de outubro de 2023, Unidades do exército de Terra realizarán unha serie de marchas topográficas e exercicios de instrución, que requiren o desprazamento polo exterior da propiedade militar.

Estes exercicios levaranse a cabo polo termino municipal dese Concello.