A Aula CeMIT de Guitiriz acolle o martes, 7 de maio, a charla sobre ciberseguirdade, en horario de 10:30 a 12:30 horas.

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza un ano máis un ciclo de sesións formativas en materia de Ciberseguridade co obxectivo de sensibilizar á veciñanza e, especialmente ao colectivo de persoas maiores, da importancia da formación en ámbitos como protección de credenciais, navegación segura, seguridade nos dispositivos e, en definitiva, no uso da tecnoloxía no día a día.

As persoas interesadas deberán inscribirse a través do email cemit.guitiriz@xunta.gal, biblioteca@concellodeguitiriz.com ou chamando ao 982 370 062.

Contidos da sesión formativa:

  • Panorama actual
  • As credenciais.
  • Como crealas.
  • Como protexelas.
  • Navegación segura.
  • Identificar sitios web inseguros.
  • Os navegadores (extensións).
  • Hábitos ciberseguros (cookies, xestión de credenciais, conexión desde dispositivos públicos)
  • Seguridade en dispositivos móbiles.
  • Configuración inicial.
  • As apps (instalación e permisos).
  • Hábitos ciberseguros (actualizacións, WiFi públicas, conexións inalámbricas, antivirus)