Xa está aquí a primeira andaina de senderismo da tempada 2021/22, dentro do programa Guitiriz en Ruta. A actividade, baixo o título ‘Coñecendo as nosas pertenzas’, terá lugar o próximo domingo 19 de decembro.
Comezaremos ás 10:00 horas saíndo do CIT de Parga. A ruta ambiental estará guiada por Minerva Varela Sáa, do Máster en Dirección de Actividades Educativas na Natureza e impulsora do proxecto Aventúrate na Natureza. Percorreremos a Ruta da Auga ata San Alberte e volveremos polo Camiño Norte de Santiago ata Parga de novo.
Durante a xornada servirase café e torta de millo para as persoas participantes. A andaina, de dificultade baixa, está aberta ao público en xeral. Para poder acudir é necesario incribirse antes do venres 17 de decembro no Concello chamando ao 98237 01 09.
Dentro do proxecto Guitiriz en Ruta haberá unha andaina cada mes. Esta é a primeira do mes de decembro, e logo haberá unha mensual ata maio de 2022. As datas son as seguintes:
- Domingo 30 de xaneiro
- Domingo 20 de febreiro
- Domingo 27 de marzo
- Domingo 24 de abril
- Domingo 29 de maio
0 Comments
Leave A Comment