Onte, mércores 26 de xuño, o Concello de Guitiriz celebrou a clausura dos ‘Xogos da Primavera 2024’, que organiza a Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera “.
Durante a tarde presentouse o libro ‘Xogos tradicionais galegos para tempos de recollida’, da man da de Paco e Manolo da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, que de forma desinteresada se achegaron a Guitiriz.
Foron agasallados pola alcaldesa, Marisol Morandeira, co libro ‘Tes un conto…’ publicado no ano 2020 en tempos de pandemia.
Rematada a presentación celebrouse o II Open da Ra. Todos os participantes levaron un pequeno marcapáxinas de agasallo e os tres primerios clasificados un trofeo elaborado para a ocasión na aula Cemit coa impresora 3D.
0 Comments
Leave A Comment