O Concello de Guitiriz dá comezo ao seu programa de compostaxe comunitario coa instalación de tres puntos onde a veciñanza pode levar os residuos orgánicos ou biorresiduos xerados nas súas vivendas e negocios.
As illas de compostaxe para a realización desta iniciativa comunitaria estarán no casco urbano de Guitiriz, unha na rúa Tralouteiro e outra fronte ao cuartel da Garda Civil, e en Parga, na avenida da Paz.
As persoas interesadas en participar neste proxecto recibirán, de forma gratuíta, un recipiente de 10 litros para o depósito dos biorresiduos, conxuntamente con un manual de compostaxe doméstico, poñéndose en contacto co servizo de Medio Ambiente no teléfono 982 370109.
0 Comments
Leave A Comment