Nos últimos dias varios veciños de Guitiriz están a recibir unha notificación para xestionar a biomasa vexetal e retirar as especies arbóreas que se atopen na franxa de protección de incendios forestais dos núcleos de poboación. Esta notificación ven motivada por dúas cuestións:
-
Dar cumprimento a lexislación en materia de montes e incendios forestais (Lei 3/2007 do 9 de abril de prevención e defensa contra os incendios forestais e a lei 7/2012 do 28 de xuño de montes de Galicia) e o Plan Municipal de Prevención de Incendios Forestais, no que os concellos son os responsables do cumprimento da lei, mediante a comunicación os propietarios das parcelas que non cumpran o establecido.
-
A Xunta de Galicia en virtude ó convenio de colaboración entre a Conselleria de Medio Rural e o Concello de Guitiriz para o establecemento dun sistema público de xestión da biomasa nas faixas secundarias, levou a cabo a inspección das parcelas e predios que rodean os núcleos do concello de Guitiriz, nos meses de setembro e outubro de 2021 e estanse a efectuar as notificacións ós titulares das mesmas segundo consta en catastro.
En total, detectáronse mais de 2000 parcelas que incumpre a lexislación vixente, e a Xunta de Galicia emitiu as correspondentes notificacións que está a enviar estes dias.
Se a hora de recibir a notificación, a parcela/as están xestionadas correctamente, os propietarios non teñen que facer nada o respecto, xa que nunha segunda inspección comprobarase dita situación. Se alguén recibe unha notificación e non é responsable, deberá comunicalo por escrito ó concello, xustificando o motivo polo cal non é o responsable ou propietario da finca.
0 Comments
Leave A Comment