O Concello de Guitiriz organiza un concurso de debuxo escolar co fin de sensibilizar e implicar á poboación do municipio sobre a transcendencia da Axenda 2030 e os Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS) adoptados pola ONU no ano 2015 co fin de erradicar a pobreza, fortalecer a paz universal e o acceso á xustiza.
Un proceso no que se atopa inmerso Guitiriz, deseñando o seu plan de implantación dos ODS no municipio, no que está incluído este concurso de debuxo, dirixido a todo o alumnado matriculado no ensino primario (1º a 6º de primaria) dos centros educativos do Concello.
Para participar, os nenos e nenas deberán facer un debuxo tamaño folio ou incluso máis pequeno, escribir o seu nome, curso, colexio e datos de contacto pola parte de atrás deste e, por último, epositalo no seu respectivo centro educativo.
Como premio, haberá dous vales de 30 euros cada un para a compra de material escolar nun comercio local de Guitiriz, dividíndose estas recompensas en dúas categorías: un vale entre os participantes de 1º e 3º de primaria e outro para os de 4º e 6º de primaria.
0 Comments
Leave A Comment