A Escola Habanera de Guitiriz continúa coa programación especial para conmemorar o centenario da súa apertura. O vindeiro venres, 20 de setembro, realizarase un programa especial do programa ‘Voces de Lugo’, da canle Radio Voz, na biblioteca municipal. Será un espazo cheo de historia e anécdotas no que participarán voces que deixaron pegada na institución.
O programa gravarase en horario de 12:00 a 14:00 horas na propia Escola Habanera e terá as portas abertas para calquera interesado en acudir como público. Tras o programa especial de ‘Voces de Lugo’ celebrarase un convite cubano a partir das 14 horas no que haberá varios pinchos, da man da empresa Iberik Guitiriz, e unha actuación a cargo do grupo SonBoleros.
O acto forma parte da programación especial do Concello de Guitiriz para celebrar o centenario da apertura de portas da Escola Habanera, un dos edificios máis emblemáticos e importantes do municipio.
0 Comments
Leave A Comment