A Biblioteca Municipal de Guitiriz está situada na Escola Habanera, nun dos edificios máis emblemáticos da nosa vila, xa que foi feita grazas as donacións que enviaban os emigrantes da “Sociedade Guitiriz e a súa comarca da Habana” en 1910. Durante gran parte do S.XX acolleu funcións de Grupo Escolar. No ano 2007 foi rehabilitada e actualmente funciona como Biblioteca e Centro Cívico.