A UNED Senior é un programa formativo dirixido a persoas maiores de 50 anos, con independencia da formación académica que posúan, interesadas en enriquecer seus coñecementos. Os temas que se tratan inclúen actualidade e estratexias de desenvolvemento persoal.
O programa levase a cabo grazas a suscripción dun convenio de colaboración entre o Centro Asociado UNED – A Coruña e o Consello de Anciáns de Xestoso-Cambás. Grazas a unión estable da Consellería de Traballo e Benestar da Xunta de Galicia e dos Concellos, pódese achegar este tipo de programas ao medio rural. Ademáis, existen axudas puntuais de institucións como a Deputación da Coruña ou da Deputación de Lugo para mellorar o seu desenvolvemento.