Dona María Sol Morandeira Morandeira, alcaldesa do Concello de Guitiriz, en uso das súas atribucións legalmente conferidas.

Visto os seguintes antecedentes que constan no expediente:

O dia 28/04/2025 produciuse con carácter excepcional unha interrupción do subministro eléctrico masivo en gran parte do territorio nacional afectando ao normal funcionamento dos servizos públicos e aos sistemas utilizados na tramitación dos procedementos administrativos incidindo no exercicio dos dereitos dos interesados que non puideron relacionarse telematicamente coa administración nin tampouco presentar solicitudes ou documentos de forma presencial. Esta ciberincidencia afectou ao rexistro xeral do Concello de Guitiriz asi como a súa sede electrónica.

De conformidade co disposto no artigo 32.5 na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Tendo en conta o anterior e as atribucións da alcaldía conferidas polos artigos 21.1 da LRBRL e 61.1 da LALGA, RESOLVO:

PRIMEIRO.- Ampliar en tres días os prazos non vencidos en todos os procedementos e expedientes administrativos en trámite do Concello de Guitiriz o día da interrupción do subministro eléctrico (28 de abril de 2025).

SEGUNDO.- Publicar a presente resolución na Sede Electrónica do Concello de Guitiriz para o público coñecemento de todas as persoas interesadas significándolles que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, consonte aos artigos 123 e 124 da LPACAP poderán interpoñer os seguintes recursos:

1.- Con carácter potestativo, recurso de reposición perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo DUN MES contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación desta resolución. Neste caso non poderá interpoñer o recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto expresamente ou ata a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.

2.- Recurso contencioso-administrativo, perante o correspondente Xulgado segundo a Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de DOUS MESES, contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a notificación ou publicación desta resolución.