Co obxectivo de facilitar o aparcamento de vehículos na VI Festa da Torta de Millo o Concello habilitará para este domingo, 4 de xuño, tres aparcadoiros gratuítos nas inmediacións do Campo da Feira, que se poden ver na imaxe e que están xeolocalizados no seguinte enlace: https://www.google.com/maps/d/edit?mid=1lYcW_2NamByKR_WKQZ5MMONLGd0o5rc&usp=sharing

En canto ao tráfico, estará prohibido estacionar e o tráfico de camións e vehículos de gran tamaño desde o venres 2 de xuño ás 8 horas ata o luns 5 de xullo ás 3 horas na contorna da praza. Tamén estará cortado o tráfico o domingo 4 de maio desde as 7 ata as 23 horas no Campo da Feira, na rúa Deputación e na rúa do Mercado. Ademais, para os veciños de Sesulfe, rúa As Costaneiras, rúa Candea e rúa Forxá estará habilitado o acceso polo paseo dos Sete Muíños e a saída pola Igrexa.