Tras o éxito da proba presencial, o Rallymix Concello de Guitiriz dá o salto ao mundo virtual coa celebración da súa primeira edición en formato dixital, que terá lugar este sábado 25 de xullo, coincidindo co Día de Galicia.

A competición, integrada no Campionato de Galicia de Rallymix Virtual, contará cunha reprodución fiel do percorrido real, incluídas as mesmas condicións meteorolóxicas da carreira presencial. A organización corre a cargo da Federación Galega de Automobilismo en colaboración con Supply Racing.

A proba desenvolverase en dúas sesións, ás 12:00 e ás 20:00 horas, para repartir os pilotos participantes. Cada un deles completará cinco mangas, igual que na competición real.

As persoas afeccionadas poderán seguir a competición en directo a través da canle de TikTok de Supply Racing.