A Escola Municipal de Música de Guitiriz anuncia o novo prazo de solicitude para as prazas vacantes do vindeiro curso 2026/2027, que está a piques de comezar.
Son, concretamente, seis as prazas que faltan por cubrir: dúas de guitarra, unha de saxofón, unha de percusión, unha de acordeón e outra de trombón/bombardino/trompeta.
As persoas interesadas en inscribirse poderán facelo dende este xoves 27 de agosto ata o xoves 10 de setembro. Para máis información, contactar co Concello de Guitiriz no 982 370 109 ou con Fran no 619 100 188.
