Este domingo, 26 de outubro, volven as tradicionais sesións de baile á Escola Habanera de Guitiriz, unha actividade xa consolidada que, ano tras ano, reúne a numerosos veciños e veciñas con ganas de pasar unha tarde divertida, chea de música e en boa compañía.

A cita celebrarase de 17:00 a 20:00 horas e está aberta ao público en xeral. Nesta ocasión, as persoas asistentes poderán gozar dunha actuación en directo de Javi Loureiro, que poñerá ritmo e ambiente á tarde.

Durante a sesión sortearanse varios agasallos entre as persoas participantes e realizarase unha pausa para compartir unha doce merenda. A entrada terá un prezo de 5 euros por persoa e poderá adquirirse no propio recinto o día do evento.