O Concello de Guitiriz organiza para os días 10,11 e 12 de abril, unha excursión Portugal, na que as persoas que se apunten poderán coñecer Fátima, Tomar, Obidos, Nazaré e Feira de Valença
Esta visita terá a súa saída ás 06.30 horas do 10 de abril desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, con regreso previsto para aproximadamente as 21.00 horas do 12 de abril.
O prezo por persoa é de 175 euros e inclúe pensión completa, transporte, seguro e guía.
O prazo para anotarse rematará o xoves, 30 de marzo, e as persoas interesadas deben inscribirse na oficina de Turismo. As prazas son limitadas por rigorosa orde de inscrición con preferencia para as persoas empadroadas
0 Comments
Leave A Comment