O Concello de Guitiriz organiza para o próximo martes, 20 de decembro, unha excursión a Vigo para ver as coñecidas luces de Nadal da cidade olívica.
Esta visita está destinada ao público en xeral e a hora de saída será ás 12 horas desde a praza do Campo da Feira de Guitiriz, con regreso previsto para as 23 horas do mesmo día. O prezo por persoa é de 18 euros e inclúe xantar e transporte.
O prazo para anotarse rematará este venres, 16 de decembro, e as persoas interesadas deben inscribirse na casa do concello, na oficina de Turismo ou por teléfono no 982 370 109.
0 Comments
Leave A Comment