A biblioteca pública municipal Casa Habanera de Guitiriz sumase á celebración do 50 aniversario do CEIP Plurilingüe Lagostelle e CEIP Santo Estevo de Parga acollendo unha exposición de fotos antigas de cada un dos centros escolares.
Esta mostra poderase visitar de balde desde o 17 de xullo ata o 30 de agosto, de luns a venres en horario de 09:00 a 14:00 horas.