Aprobado polo Pleno do Concello de Guitiriz, en sesión celebrada o 28 de xullo de 2022, o expediente de aprobación inicial da ordenanza reguladora de tráfico do Concello de Guitiriz exponse ao público, durante un prazo de 30 días hábiles, na Secretaría Xeral do Concello, que empezarán a contarse desde hoxe, venres 12 de agosto, ata o 23 de setembro, a efectos de que podan formularse as reclamacións que se consideren pertinentes, que deberán dirixirse á Sra. Alcaldesa.
0 Comments
Leave A Comment