O 27/11/2014, o Pleno da Corporación acordou a adhesión deste Concello ao Punto Xeral de Entrada de Facturas Electrónicas da Administración do Estado FACe. Conforme a Lei 25/2013, do 27 de setembro, os proveedores deste Concello están obrigados a presentar factura electrónica a través do FACe, agás nas facturas cuxo importe (IVE engadido) sexa ata 5.000€, as cales quedan excluídas da obriga de facturación electrónica.
Nas facturas emitidas ao Concello de Guitiriz, deberá facerse referencia ás seguintes unidades administrativas:
- Oficina Contable: L01270229Intervención
- Órgano Xestor: L01270229Alcaldía
- Unidade de Tramitación: L01270229Contabilidad