A Aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, do Concello de Guitiriz convoca 2 obradoiros de informática para o mes de maio.

A veciñanza do Concello poderá optar a diversa formación no ámbito tecnolóxico, todos eles de balde.

A continuación presentamos a programación dos talleres de informática:

 

TRÁMITES EN LIÑA CO TEU CONCELLO. Conta cunha duración de 12 h. Levárase a cabo os días 11, 13, 18, 20, 25 e 27 de maio, en horario de 16:30 a 18:30h. Dirixido a todas as persoas que necesiten aprender a relacionarse coa administración local de maneira telemática: xestión de cita previa, presentación de documentación, inscrición en actividades deportivas e cursos, comunicación previa de obras, solicitude inscrición no PAI…

  • CONTIDOS DO TALLER:

I. Explicar que é a Administración electrónica. II. Comprender que é un certificado dixital e cales son os pasos para obtelo. III. Coñecer os trámites electrónicos que ofrecen as Administracións públicas. IV. Realizar algúns trámites con distintas Administracións (local, autonómica…). 

 

OFIMÁTICA: PROCESADOR DE TEXTOS. Neste curso aprenderemos as funcións elementais de LibreOffice Writer para a creación de documentos de texto. Conta cunha duración de 20 horas. . Levárase a cabo os días 6, 11, 12, 13, 18, 19, 20, 25, e 27 de maio en horario de 10:00 a 12:00h.

  • CONTIDOS DO TALLER:

1. Introdución. 2. Entrar no procesador de textos. 3. Abrir un documento. 4. Gardar un documento. 5. Pechar o procesador de textos. 6. A interface de Writer. 7. As barras de ferramentas. 8. Poñer e quitar barras de ferramentas. 9. Engadir, inserir e borrar texto. 10. Desfacer erros. 11. Escribir co procesador de textos. 12. Desprazarse polo texto. 13. Seleccionar un texto. 14. Dar formato a un texto: grosa, cursiva e subraiado. 15. Tamaño e tipo de letra. 16. Poñer cores. 17. Copiar, cortar e pegar textos. 18. Aliñar texto. 19. O interliñado. 20. Espacio entre parágrafos. 21. Tipos de sangrías. 22. Usar a tecla Tabulador (TAB). 23. Aplicar tabuladores manuais. 24. Listas numeradas e viñetas 25. Formas de ver un documento. 26. Imprimir un documento.

A Rede CeMIT configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ten como obxectivo potenciar actuacións relacionadas co desenvolvemento da actividade económica, empresarial e da implantación dos servizos electrónicos, titorizando a cidadanía con maiores dificultades e proporcionándolles os medios e ferramentas necesarios para poder formar parte activa da Sociedade da Información.

Para inscribirse ou para solicitar máis información sobres a citadas actividades poden dirixirse á Aula CeMIT de Guitiriz sita na Rúa do Concello, s/n, 27300, chamar ao teléfono 982 370 062 ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.guitiriz@xunta.gal