O Concello de Guitiriz abrirá o vindeiro luns, 29 de setembro, o prazo de inscrición para participar no Obradoiro de Micoloxía 2025, unha actividade organizada pola Deputación de Lugo e a Reserva da Biosfera Terras do Miño, coa colaboración do propio Concello e da Comunidade de Montes San Xoán de Lagostelle.

O obradoiro desenvolverase o sábado 11 de outubro, en horario de 10:00 a 14:00 horas, e combinará unha parte teórica, que terá lugar na Escola Habanera, cunha parte práctica, na Área Recreativa de San Xoán de Lagostelle.

As prazas son limitadas e o prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 8 de outubro. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 37 01 09 ou a través do correo electrónico info@concellodeguitiriz.com. Terán preferencia aquelas persoas empadroadas no municipio.