O Concello de Guitiriz acollerá o espectáculo de teatro e circo ‘Con Ciencias Malabar’ o domingo 17 de agosto. O espectáculo está a cargo de Fraga dos Mouros – Ramón Aguiar. Será ás 19:00 horas en San Nicolás (Buriz) con entrada de balde.

Trátase dun espectáculo didáctico entorno á arte dos malabares nunha aventura educativa. Nel, un profesor de ciencias algo torpe e despistado ten un desafío constante contra a gravidade e constrúe un universo a través dos lanzamentos dos malabares, onde as matemáticas marcan as leis do movemento.

A actuación enmárcase dentro do programa ‘Cultura no Camiño’ e está destinada para todos os públicos.