O Concello de Guitiriz acollerá unha xornada para gozar dos vehículos clásicos o sábado 24 de maio. Trátase dunha iniciativa que leva por nome ‘Ruta Iberik’ e que está organizada polo Iberik Gran Balneario de Guitiriz en colaboración co Concello, a Escudería Centollo e a Asociación Lucense de Automóviles Antiguos.

Constará de dúas actividades. Por un lado, celebrarase unha exposición de vehículos clásicos na contorna do balneario desde as 17:00 ata as 20:00 horas e, por outro, a veciñanza tamén poderá gozar dun paseo nalgún destes vehículos históricos.

Os interesados en participar poderán inscribirse ata o próximo luns, 19 de maio, a través do correo electrónico info@concellodeguitiriz.com ou chamando ao número de teléfono 982 37 01 09. As inscricións son gratuítas e están abertas a maiores de 12 anos ou que non precisen de sistema de retención infantil.