O Concello de Guitiriz conmemorará o 8M, Día da Muller, cunha manifestación para darlle visibilidade á loita pola igualdade de dereitos e a importancia de estender na sociedade os valores do feminismo e unha obra teatral.
O venres, 8 de marzo, haberá unha manifestación con saída ás 19 horas no Campo da Feira de Guitiriz.
O mesmo día, ás 16:30 horas, a Casa Habanera acollerá un ‘Café feminista’. O obxectivo deste encontro é, ao redor dun café, conversar e debater sobre temas de actualidade e, ademais, preparar pancartas para levar despois á manifestación.
0 Comments
Leave A Comment