Co obxectivo de recuperar oficios e actividades tradicionais da comarca, e achegar á cidadanía a actividade da cestería con fibras naturais, a Biblioteca Pública Municipal “Casa Habanera” do Concello de Guitiriz pon en marcha un “Obradoiro de Iniciación á cestaría” en colaboración coa Asociación Alume de Guitiriz.

Celebrárase os días 10 e 17 de xullo, en horario de 11:00 a 13:00 horas. As persoas interesadas poderán inscribirse no Concello desde hoxe, 22 de xuño, ao 30 de xuño, en horario de 09:00 a 14:00 horas, elixindo unha das quendas ofertadas.

A actividade está destinada a todas as persoas que non teñan coñecementos na materia e queiran ter un primeiro contacto. Non ten custo algún para as persoas participantes.

Para máis información no correo electrónico: biblioteca@concellodeguitiriz.com ou ben no telf  982.370.062.