O Concello de Guitiriz, en colaboración cos empresarios do municipio, repartirá este ano varios premios cada día de luns a venres e un vale de 500 euros na súa campaña de promoción do comercio local polo Nadal.

A campaña consiste no reparto de varios premios diarios, que serán entregados de luns a venres polos comercios participantes desde o 19 de decembro ata o 3 de xaneiro. Posteriormente, o Día de Reis haberá un premio especial dun vale de 500 euros para gastar nos comercios de Guitiriz.

As persoas gañadoras serán aquelas que a súa papeleta coincida cos catro últimos números dos sorteos diarios do cupón da ONCE, agás no último premio, cuxo gañador ou gañadora será a persoa que teña a papeleta que coincida cos catro últimos números do sorteo ‘Del Niño’ da Lotería Nacional.

Cada comercio elixirá o regalo e fará a entrega do mesmo á persoa gañadora. Os 38 establecementos participantes repartirán as rifas para os sorteos e estableceranse quendas para determinar que comercios sortearán cada día, que serán publicadas nas redes sociais do Concello.

A persoa gañadora do vale de 500 euros terá que gastalos nun mesmo día en diferentes comercios do Concello de Guitiriz antes do 31 de xaneiro de 2025, tendo que facer mínimo unha compra en Parga.

Na iniciativa participan empresas de distinta índole: desde comercios de roupa, alimentación, ferreterías, salóns de peiteados, tendas de fotografía etc.

Os comercios participantes son os seguintes: Libraría Castaño, A Badorna, Ialar cortinas, Perrucaría Angeles A.Costa, Agrocomercial Abelleira, Fotografía Kantero, Anitta Chic, Droguería Cheno, Videotel, Mosquito, Estanco, Alimentación Lolita, Mercería Entrefios, Zapatería Armería Guitisport, Perrucaría Borea, Taperia O Korreo, Modas Sanjurjo, Frutas La Maja, Carnicería Vitorio, Perrucaría Zalois, Supermercado Día, Bar A Capela, Nimbos, Floristería Teixido, Perrucaría Silvia Pardo, Ximnasio Vita Flesx Gym, Panadería Gómez, Restaurante Gaibor, Feixe, Restaurante La Casilla, Sara Sanjiao Estilista, Coluga, Nistal, Muebles Prado, Sonycar Aparellos, Supermercado Gadis, Ferretería Amador e Panadería La Esquina.

Bases Campaña Comercio Local 2024