O Concello de Guitiriz e a Real Federación Española de Fútbol (RFEF) chegaron a un acordo para que Guitiriz sexa a sede da concentración das seleccións femininas sub17 de España e Portugal de fútbol sala que terá lugar do 25 ao 29 de xuño.
Así, as xogadoras, o corpo técnico, e o resto de persoal dos equipos, hospedarase durante estas datas no balneario de Guitiriz. Ademais, o acordo inclúe a celebración o martes 27 de xuño dun encontro no pavillón municipal Jonathan Carro Paz entre ambos combinados nacionais, para o que a entrada será libre.
A alcaldesa de Guitiriz, Marisol Morandeira, explicou que “este acordo, ademais de permitir achegar o deporte feminino de alto nivel aos nosos veciños e veciñas, tamén permitirá dinamizar os nosos comercios, locais de hostelería… xa que se prevé que durante eses días veñan moitos amigos e familiares das xogadoras de ambos equipos”.
0 Comments
Leave A Comment