Todas as solicitudes do Campamento de Verán 2025 están admitidas. O campamento levarase a cabo entre o 7 e o 11 de xullo.

Para formalizar a inscrición e ter dereito á praza, as persoas admitidas terán que aboar o prezo público total correspondente, que é de 225 € por participante.

O prazo de pago abrirá o luns 9 de xuño e estenderase ata o venres 20 de xuño. O Concello remitirá ao correo electrónico indicado na solicitude o recibo de liquidación do Campamento de Verán, coa forma e prazo de pago.

Para solicitantes que non indicaron o correo electrónico na solicitude ou que vexan que non lles chega o recibo por este medio, poden recollelo no Concello dentro do prazo establecido, sendo admisible tamén o pago por TPV nas oficinas municipais coa presentación do recibo emitido.

Non se admitirán pagos fóra do prazo establecido, quedando sen dereito á praza no campamento. Tampouco se admitirán pagos fraccionados, en ningún caso.

E no caso de non facer o ingreso no prazo indicado co recibo de liquidación, entenderase que o/a solicitante desiste na súa pretensión de inscrición, polo que tamén perderá o seu dereito á praza nesta actividade.