Dende o Concello de Guitiriz queremos colaborar coas persoas afectadas pola DANA na Comunidade Valenciana. Por iso instalaremos un punto de recollida de roupa no garaxe do Concello para enviar aos e ás damnificadas. Estaremos recollendo doazóns durante toda a semana polas mañás en horario de 8:30 a 14:30 horas.
Apelamos á responsabilidade de todos e todas vós, polo que só poderá entregarse roupa en bo estado e unha cantidade controlada, o que facilitará os labores de clasificación. A Federación Valenciana de Municipios e Provincias sinalou que os máis esenciais son produtos como auga, leite, leite de fórmula, conservas, produtos de hixiene persoal, limpeza doméstica, cueiros e artigos de primeira necesidade. Todos os materiais recolleranse no Concello para ser clasificados.
Ademais, se queres colaborar como voluntario ou coñeces agrupacións interesadas, facédeo saber para que poidamos coordinar coa Plataforma do Voluntariado da Comunidade Valenciana.
Sabemos que estaredes á altura das circunstancias!
0 Comments
Leave A Comment