O pasado domingo, 11 de maio, celebrouse a terceira saída da sétima edición do programa municipal ‘Guitiriz en Ruta’, coa andaina polos Camiños de Caión, realizada no Concello da Laracha en colaboración coa Asociación Ambiental Senda Nova.
En total, participaron 21 persoas neste percorrido de 14 quilómetros, aínda que a saída, ao ser fóra do Concello de Guitiriz, durou todo o día, partindo en dirección á andaina ás 8:30 horas e chegando de regreso ás 19:00 horas. Entremedias, os e as participantes percorreron nunha estupenda mañá para o sendeirismo os coñecidos como Camiños de Caión, que atravesan o Concello da Laracha e parte de Carballo.
A próxima saída do ‘Guitiriz en Ruta’ está programada para o 29 de xuño, coa Ruta da Cova da Serpe. Será a cuarta andaina da tempada e a última antes do parón verán.
0 Comments
Leave A Comment