O Concello de Guitiriz abrirá mañá, venres 20 de setembro, o prazo para inscribirse no curso 2024/2025 da UNED Sénior de Guitiriz.
A actividade, dirixida a persoas maiores de 50 anos independentemente da súa formación, oferta para este curso as materias de música e inglés. Todas as persoas interesadas poden formalizar a súa matrícula no Concello.
Para máis información, chamando ao teléfono 982 370 109 ou no correo electrónico info@concellodeguitiriz.com.
0 Comments
Leave A Comment