O Concello de Guitiriz asinou un convenio coa Deputación de Lugo para a Transformación Dixital e a Modernización das Administracións polo que se implantou un novo sistema de gravación dos plenos e das vídeo actas.
Desde agora, os plenos retransmitiranse desde a páxina https://guitiriz.seneca.tv/activity, onde quedarán subidos.
Todos os plenos estarán na mediateca, na canle de ‘Plenos’.
O pleno extraordinario do luns 18 de novembro, co que se empezou a utilizar este sistema, xa está subido nesta nova plataforma.
0 Comments
Leave A Comment