O Concello de Guitiriz abre o prazo de matrícula no Curso de Cestería 2024/25 o martes 5 de novembro. As inscricións estarán abertas ata o seguinte martes, 12 de novembro, e pódense formalizar de xeito presencial no Concello.
O curso celebrarase no soto da Escola Habanera ata o próximo mes de xuño e conta con prazas limitadas, tendo preferencia as persoas empadroadas no municipio.
As sesións están programadas para os xoves en horario de 17:00 a 19:00 horas, sendo a primeira o 14 de novembro.
0 Comments
Leave A Comment