O Concello de Guitiriz abre o luns, 28 de outubro, o prazo para anotarse no ‘II Torneo de Parchís Concello de Guitiriz’, que se celebrará na Biblioteca Casa Habanera o sábado 9 de novembro.

As inscricións estarán abertas ata o 7 de novembro e pódense formalizar na Biblioteca Casa Habanera, tanto de xeito presencial como chamando por teléfono ao 982 370 062. As prazas son limitadas.

O torneo celebrarase de 17:15 a 19:15 horas e está aberto a todas as idades, aínda que os menores terán que ir acompañados dunha persoa adulta.