O Concello de Guitiriz abrirá o prazo de inscricións para o Curso de Cerámica 2024/25 o mércores 16 de outubro. O prazo de matrícula estará aberto ata o xoves 31 de outubro e poderán formalizarse ben de xeito presencial, no rexistro do Concello, ou a través da sede electrónica (guitiriz.sedelectronica.gal/info).
O curso contará con dúas quendas diferentes, unha de mañás e outra de tardes, ambas os venres. A quenda de mañás terá un horario de 11:00 a 13:00 horas e a de tardes de 18:30 a 20:30 horas. A distribución dos grupos será en función da preferencia dos usuarios e da dispoñibilidade existente.
As clases celebraranse no soto da Escola Habanera e darán comezo o venres 8 de novembro. Terán un prezo de 25 € ao mes e o pago dos recibos farase trimestralmente. As prazas son limitadas e terán preferencia para inscribirse as persoas empadroadas no Concello de Guitiriz.
0 Comments
Leave A Comment